Thursday 09 de May de 2024

Entrega de diplomas dos obradoiros de Arte Floral e de Cociña e Respostería de Nadal do concello de Riveira


Na noite pasada tivo lugar nas aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón o acto de entrega de diplomas de dous das primeiras iniciativas impulsadas no marco da programación destas festas: os obradoiro de Arte Floral e de Cociña e Repostería de Nadal.
O curso de arte floral foi impartido pola profesora Maribel Losada e contou con quince persoas inscritas, en tanto que o segundo tivo a Anusca Domínguez como mestra, con 26 asistentes.
O alcalde Manuel Ruiz foi quen entregou cadanseus diplomas e desexou aos participantes un moi feliz Nadal.